Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1055/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1055/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fe Prieto Ares contra Xertigán, S. Coop. Galega e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que estimando parcialmente a demanda presentada por Fe Prieto Ares, representada pola letrada Sra. Ferreiro Abelairas, contra a empresa Xertigán, Sociedade Cooperativa Galega e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia estaren citados en legal forma, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a aboarlle á parte demandante a cantidade de sete mil setecentos setenta e tres euros con oitenta e un céntimos (7.773,81 euros) brutos, máis o 10 % por demora, o cal non deberá aplicarse á cantidade debida en concepto de aviso previo (360,50 euros). Iso sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzar ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) nos casos legalmente previstos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que lle sirva de notificación en forma a Xertigán, S. Coop. Galega, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 13 de xaneiro de 2014

O secretario xudicial