Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (869/2011).

Número de autos: procedemento ordinario 869/2011 F.

Demandantes: María Belén Neira Carral e Yolanda Irene Estévez Acedo.

Demandados: Ibertel Global, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 869/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Neira Carral, Yolanda Irene Estévez Acedo, contra a empresa Ibertel Global, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Unir á sentenza 722/2013.

Número de autos: procedemento ordinario 869/2011 F.

Demandantes: Yolanda Irene Estévez Acedo e María Belén Neira Carral.

Demandados: Ibertel Global, S.L, Fogasa.

Auto.

A Coruña, 19 de decembro de 2013.

Antecedentes de feito.

Único. O día 18 de decembro de 2013, a parte demandante interesa a rectificación de erro material cometido no ditame da sentenza en relación coa mención da data de inicio da actividade da demandante María Belén Neira Carral.

Fundamentos xurídicos.

Único. Ao abeiro do previsto no artigo 267.3 da LOPX e 214.3 da LAC, procede corrixir o erro material manifesto padecido pola sentenza ditada en autos, xa que, como se desprende directamente do seu propio contido, en correlación cos termos en que se formulou a pretensión, na transcrición do feito primeiro se fai constar como data de inicio dos servizos da demandante o 24.1.2011, cando a correcta é de 16.3.2009.

Parte dispositiva:

Acórdase a rectificación de erro material manifesto padecido pola sentenza ditada en autos o 11.12.2013, de tal forma que a data de inicio dos servizos establecida no feito probado primeiro para María Belén Neira Carral debe entenderse que é a de 16.3.2009.

Notifíqueselles esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza.

O/a maxistrado/a.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ibertel Global, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial