Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a modificación substancial proxectada por reforma e ampliación dunha explotación porcina de produción de leitóns de ata 20 kg de peso vivo, que General Ganadera Gallega, S.A. posúe en Vilarullo–Teixeiro, no concello de Curtis (A Coruña). Clave do expediente 2013-IPPC-M-27.

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Solicitude de autorización ambiental integrada: proxecto de ampliación e reforma de explotación porcina. General Ganadera Gallega, S.A. Vilarullo-Teixeiro-Curtis-A Coruña».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Curtis (praza de España, 1, Teixeiro, 15310 Curtis, A Coruña).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Nº de rexistro da autorización ambiental integrada: 2007/0038_NAA/IPPC_181.

Clave do expediente de modificación: 2013-IPPC-M-27.

Peticionaria: General Ganadera Gallega, S.A.

Domicilio social: Finca do Campo-Vilarullo-Teixeiro, 15310 Curtis (A Coruña).

Localización das instalacións: Finca do Campo-Vilarullo-Teixeiro. Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM X 576.598; Y 4.775.956.

Actividade: explotación porcina destinada á produción de leitóns de ata 20 kg de peso vivo.

Descrición do proxecto: a explotación referida conta actualmente con nove naves con capacidade para 1.800 porcas reprodutoras e os seus leitóns ata 20 kg, un edificio de servizos, nave cargadoiro, lazareto, sala de caldeiras e cadros eléctricos, caseta de centro de transformación, depósito de almacenamento de auga potable, equipamentos de presión, dúas balsas exteriores de almacenamento de xurro, separador de fracción sólido-líquido de xurro e fosa de formigón onde se fai a extracción do xurro para o seu aproveitamento como fertilizante órgano-mineral en parcelas agrícolas, e será ampliada e reformada para un incremento da capacidade produtiva de ata 2.400 porcas reprodutoras, para o cal será necesaria a construción de tres naves máis e a reforma interior dunha das existentes para a súa adaptación a parideiras. Ademais, adecuarase unha balsa exterior existente na explotación, ata o momento inutilizada, para almacenar o incremento de xurro que se producirá anualmente na explotación con motivo do incremento da capacidade produtiva.

Ciclo produtivo: tendo en conta posibles tardanzas de entrada en celo, así como posibles fallos na inseminación, nesta explotación preveuse destetar 52.440 leitóns de 6 kg de peso vivo, a razón de 9,50 leitóns por porca, e que saian da explotación con destino a cebadoiros externos 49.200 leitóns de 20 kg de peso vivo. O número estimado de roladas destetadas por porca produtiva e ano é de 2,30.

A recolla das dexeccións sólidas e líquidas dos animais, así como as augas de limpeza, faise directamente sobre as fosas de xurro existentes en todas as naves da explotación, situadas debaixo dos distintos aloxamentos e a través das correspondentes grellas. Estas fosas parciais contan coas pendentes correspondentes para o seu baleiramento por gravidade e comunícanse mediante arquetas de bóla e rexistros cos colectores que as dirixen ata as balsas exteriores de almacenamento de xurro. As augas residuais orixinadas en aseos e vestiarios son conducidas á fosa de formigón para almacenamento de xurro existente na explotación, desde onde son conducidas posteriormente ás balsas de almacenamento de xurro.