Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2013/125 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora dos procedementos sancionadores.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase

producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 9 de xaneiro de 2013

P.S. (Resolución do 29 de maio de 2013)
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe de Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/125.

Denunciado: Manuel Veiga Trigo.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/136.

Denunciado: Faustino Montoya Hernández.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/176.

Denunciado: Alejandro Fernández Bolaño.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/186.

Denunciada: Marian Cretu.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/214.

Denunciado: Constantin Ramadán.

Acto notificado: proposta de resolución do expediente sancionador.