Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente unha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2011/253-1).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L., con domicilio social na avda. Liñares Rivas, 44, 21-C, 15005 A Coruña e domicilio para os efectos de notificación na rúa Cubelos, 21 baixo D, Perillo, 15008 Oleiros (A Coruña), e da empresa Endesa Distribución Eléctrica, S.L., con domicilio social na avda. Paralelo, 51, 8004 Barcelona, e con domicilio para os efectos de notificación no apartado de correos nº 35, 24400 Ponferrada (León), resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 19 de outubro de 2011, as citadas empresas solicitan a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do cambio de punto fronteira entre Endesa Distribución e Distribuidora Eléctrica Niebla en Saa, no concello das Pontes de García Rodríguez.

No citado proxecto as empresas reflicten as partes en que se dividirá a instalación, así como as partes correspondentes a cada empresa; as características técnicas principais da instalación son as seguintes:

Cambio de situación do punto fronteira entre Endesa Distribución, S.L. e Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L. coa instalación dun centro de seccionamento e modificacións en liña a 20 kV, procedente da subestación do Tesouro.

O centro de seccionamento instalarase nunha caseta prefabricada (coordenadas UTM, X 588.826, Y 4.812.011), repartida en dous habitáculos independentes para cada compañía, formado polos seguintes compoñentes:

• Na parte correspondente a Endesa Distribución, S.L., composto por cela de seccionamento de chegada da LAT 20 kV da subestación do Tesouro, cela de liña de saída da LAT 20 kV cara a Espiñaredo e cela de seccionamento para a parte de Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L.

• Na parte correspondente a Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L., composto por cela de seccionamento para a parte de Endesa Distribución, S.L., cela de protección, cela de medida, cela de remonte, cela de liña de saída da LAT 20 kV cara a Saa e cela de liña de saída de reserva.

A situación do novo centro realizarase nas inmediacións do apoio de derivación das liñas O Tesouro-Saa e O Tesouro-Espiñaredo, pertencente á liña a 20 kV procedente da subestación do Tesouro de titularidade de Endesa Distribución, S.L., do cal derivan dous circuítos, un o antigo punto fronteira de Saa e outro a zona de Espiñaredo de titularidade de Endesa Distribución, S.L., e proxéctase realizar a substitución deste apoio existente por dous apoios metálicos de celosía independentes, un para cada compañía distribuidora, modificando a citada liña da seguinte maneira:

• No primeiro apoio tipo C-4500-20, que será de titularidade de Endesa Distribución, S.L., recibirase un circuíto aéreo en condutor LA-56 cun van de 71,65 m de lonxitude, procedente da subestación do Tesouro, e realizarase un paso aerosubterráneo de onde sairá unha liña subterránea a 20 kV cunha lonxitude de 14 m, con condutor tipo RHZ1-2OL-18/30 kV 3×240 mm2 Al, con final no centro de seccionamento, do cal sairá un circuíto subterráneo cara a Espiñaredo, cun paso aerosubterráneo e saída en aéreo desde o mesmo apoio con condutor LA-56 cara Espiñaredo, cun van de lonxitude 116,7 m.

• No segundo apoio tipo C-4500-20, que será de titularidade de Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L., recibirase unha liña subterránea a 20 kV cunha lonxitude de 15,5 m, con condutor tipo RHZ1-2OL-18/30 kV 3×240 mm2 Al, con orixe no centro de seccionamento, instalarase un paso aerosubterráneo e sairá un circuíto aéreo con van de 67,27 m de lonxitude en condutor LA-110 con destino a Saa.

Segundo. Por Resolución do 21 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións eléctricas citadas no punto primeiro, que se publicou no Diario Oficial de Galicia nº 220, do 17 de novembro, e no BOP da Coruña nº 215, do 11 de novembro.

Terceiro. Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, presten a súa conformidade ou oposición á autorización solicitada, neste caso a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Endesa Generación, S.A.

Cuarto. Con data do 24 de abril de 2012, as citadas empresas solicitan a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da modificación parcial de cambio de punto fronteira entre Endesa Distribución e Distribuidora Eléctrica Niebla en Saa, no concello das Pontes de García Rodríguez.

As características técnicas principais da modificación parcial da instalación son as seguintes:

Modificación da chegada ao centro de seccionamento (punto fronteira) procedente da subestación do Tesouro por parte de Endesa Distribución, S.L., substituíndo o tramo aéreo proxectado de lonxitude 71,65 m en condutor LA-56 por un trazado soterrado con orixe no apoio tipo AG 9000/20 existente, ao cal chega o circuíto L2C1 en 3×2×LA180 existente e final no centro de seccionamento proxectado, cunha lonxitude de trazado soterrado de 165,80 m de nova execución; o trazado discorre por terreos propiedade de Endesa.

Substitución do apoio proxectado tipo C 20/4500 de saída do circuíto de Niebla Distribución, S.L. do centro de seccionamento por un apoio tipo C-16/4500.

Quinto. Por Resolución do 29 de maio de 2012 da Xefatura Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións eléctricas citadas no punto cuarto, que se publicou no Diario Oficial de Galicia nº 127, do 4 de xullo, e no BOP da Coruña nº 115, do 19 de xuño.

Sexto. Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, presten a súa conformidade ou oposición á autorización solicitada, neste caso a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Endesa Generación, S.A.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 79/2009, do 19 de abril, e 83/2009, do 21 de abril, nos cales se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta (DOG nº 75 e 77, do 20 e 22 de abril, respectivamente); no Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia; no Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 117, do 17 de xuño); no Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG nº 23, do 3 de febreiro); e no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

resolve:

Autorizar administrativamente a referida instalación na parte correspondente á empresa Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Segunda. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña