Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 26 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a solicitude de aproveitamento das augas minero-medicinais e termais do manancial denominado Outariz número 77, situado no concello de Ourense.

A petición do Concello de Ourense, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense dá a coñecer que o Concello de Ourense solicitou o aproveitamento das augas minero-medicinais e termais do manancial denominado Outariz nº 77, sito no concello de Ourense, cun perímetro de protección cuxa designación, para a zona máis ampla, está determinada pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas UTM:

Vértice

Coordenada (X)

Coordenada (Y)

1

589.042,48

4.688.935,21

2

590.279,92

4.689.229,24

3

591.976,96

4.692.352,88

4

593.433,30

4.694.334,29

5

592.649,27

4.694.501,00

6

590.412,69

4.694.503,04

7

588.990,91

4.694.140,98

8

587.607,51

4.691.567,57

9

588.018,97

4.689.745,56

As actividades que se pretendan levar a cabo nas respectivas zonas perimetrais estarán suxeitas ás limitacións que se establecen no Decreto 116/2001, do 10 de maio (DOG do 28 de maio).

O que se fai público para que os interesados e, en particular, os propietarios de terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro poidan alegar ante esta xefatura territorial o que consideren no prazo de 20 días.

Ourense, 26 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas