Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/97).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 19, 1º D, 15004 A Coruña.

Denominación: reforma de CT e RBT do Lorteiro.

Situación: A Laracha.

Características técnicas:

– Reforma do centro de transformación existente de tipo caseta de obra civil, desmontando toda a aparellaxe de media e baixa tensión existente no interior da caseta e instalando no lugar un novo CT de 100 kVA e un cadro de BT de catro saídas con interruptor e adecuación da caseta actual.

– Novo condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×95 Al). Realizarase o cambio de cable nu a alado no exterior da caseta para despois de entrar a través de pasamuros.

– As tres saídas de baixa tensión existentes en condutores de tipo RZ-3×95/54,6 conectaranse ao novo cadro de tipo AC4-1.600 proxectado e instalaranse fusibles de 160 A en cada unha das saídas ocupadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2014

P.A.
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial