Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4245

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6126/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6126/2011-RF desta Sección, seguido por instancia de Manuel Antón Varela Pensado contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa José Vecino Seoane, Mutua Intercomarcal, Mutua Accid. Traballo e Enferm. Profes. da S.S. nº 39, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Nogueira Esmorís, en nome e representación de Manuel Antón Varela Pensado, contra a sentenza do 13 de setembro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, en proceso nº 1031/2010, promovidos por Manuel Antón Varela Pensado contra a Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 39, a empresa José Vecino Seoane, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa José Vecino Seoane, con último domicilio coñecido na rúa Ría de Arousa, 5 15100 Carballo, A Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de decembro de 2013

A secretaria xudicial