Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4247

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4826/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4826/2011 -RF- desta sección, seguido por instancia de Manuel Martínez Rodríguez contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maz, MATEPSS núm. 11 (Umivale), La Mejor Receta, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Manuel Martínez Rodríguez contra a sentenza do 22 de xullo de 2011 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social Maz, a entidade mercantil La Mejor Receta, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa La Mejor Receta, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Torrecedeira, 5, baixo, 36202 Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial