Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4249

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (601/2012).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Viada Lua, S.L. fronte a Metalurgia Nostián, S.L. ditou sentenza o 14 de novembro de 2013, e auto de aclaración deste o 29 de novembro de 2013, cuxos orixinais se encontran na Secretaría deste xulgado á disposición dos demandados Hoseaz José Seijas Vázquez e Metalurgia Nostián, S.L.

Faise saber que contra a dita resolución cabe recurso de apelación no prazo de 20 días, contados desde o seguinte á publicación do presente no Diario Oficial de Galicia, logo de ingreso da cantidade de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado.

E encontrándose os ditos demandados en situación procesual de rebeldía, por estaren en paradoiro descoñecido, expídese o presente que lles servirá de notificación en forma.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial