Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (315/2013).

Nº de autos: Seguridade Social 315/2013.

Demandante: Mutua Gallega Accidentes de Trabajo.

Abogada: Eva María Vidal Rodríguez.

Demandados: Instituto Nacional de la Seguridad Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Luis Miguel Borges dos Santos.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución o 9 de xaneiro de 2014 dirixida a Luis Miguel Borges dos Santos, contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Miguel Borges dos Santos, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial