Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (416/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 416/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Remeseiro Vigo, José María García Aranda, José Manuel López Corzón, Juan Andrés Fernández Illanes contra a empresa El Corte Inglés, S.A., Red de Servicios e Implantaciones, S.L., Acumula, S.A., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 742/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 416/2011.

Demandantes:

– Álvaro Remeseiro Vigo.

– José Manuel López Corzón.

– José María García Aranda.

– Juan Andrés Fernández Illanes.

Letrado: Sr. Páramo Sureda.

Demandados:

– Red de Servicios e Implantaciones, S.L.

– El Corte Inglés, S.A.

Letrada: Sra. Varela Miras.

– Acumula, S.A.

Letrada: Sra. Bregua López.

Fogasa.

Sentenza 742/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013.

Fallo:

1º. Estimo a demanda formulada por Álvaro Remeseiro Vigo, José Manuel López Corzón, José María García Aranda e Juan Andrés Fernández Illanes fronte a Red de Servicios e Implantaciones, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagar aos primeiros as seguintes cantidades en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos:

– A Álvaro Remeseiro Vigo, a suma de 1.860,23 euros.

– A José Manuel López Corzón, a suma de 2.049,58 euros.

– A José María García Aranda, a suma de 1.927,42 euros.

– A Juan Andrés Fernández Illanes, a suma de 2.030,33 euros.

2º. Desestimo a demanda formulada por Álvaro Remeseiro Vigo, José Manuel López Corzón, José María García Aranda e Juan Andrés Fernández Illanes fronte a El Corte Inglés, S.A. e fronte a Acumula, S.A. e, en consecuencia, absólvoos de todos os pedimentos formulados fronte a eles.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Red de Servicios e Implantaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial