Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (413/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 413/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maximino Martínez Martínez contra a empresa OPDR Canarias, S.A., Instituto Social da Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre Seguridade Social, se ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 710/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: Seguridade Social 413/2012.

Demandante: Maximino Martínez Martínez.

Letrado: Sr. Varela Míguez.

Demandado:

– ISM, TXSS.

Letrado: Sra. Suárez Berea.

– OPDR Canarias, S.A.

Sentenza 710/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013.

Ditame:

Estimo a demanda interposta por Maximino Martínez Martínez fronte ao ISM, TXSS e OPDR Canarias, S.A., e declaro o dereito do demandante á percepción da pensión de xubilación, na forma legal e regulamentariamente prevista, sobre unha base reguladora de 1.626,73 euros e con efectos económicos desde o 18.12.2010, todo iso condenando:

1. As codemandadas a estar e a pasar por tal declaración.

2. A empresa OPDR Canarias, S.A., na súa condición de responsable directo, ao pagamento da diferenza económica da prestación de xubilación que resulte da aplicación da base reguladora de 1.626,73 euros mensuais cotizados e a inicialmente recoñecida de 1.518,29 euros.

3. Ao ISM e á TXSS a anticipar a dita prestación de xubilación acomodada á nova base reguladora coas melloras e revalorizacións legais que procedan, sen prexuízo de poder repetir contra a empresa demandada como responsable polas diferenzas entre a base reguladora resultante das cotizacións realizadas e a que agora se recoñece.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a OPDR Canarias, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial