Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1077/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1077/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Abelenda Calvo contra a empresa Talleres Hermanos Ramil, S.L., Mutua Intercomarcal, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 714/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: Seguridade Social 509/2012.

Demandante: Carlos Abelenda Calvo.

Letrada: Sra. Massa Rey.

Demandado: INSS, TXSS.

Letrada: Sra. Suárez Berea.

Talleres Hermanos Ramil, S.L.

Letrado:

Mutua Intercomarcal.

Letrada: Sra. Sobrino Lacruz.

Sentenza nº 714/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013.

Resolvo:

Desestimo a demanda sobre impugnación de alta médica, con data de efectos 24 de maio de 2011, formulada por Carlos Abelenda Calvo fronte ao INSS, TXSS, Talleres Hermanos, S.L. e Mutua Intercomarcal, absolvéndoos das pretensións dirixidas fronte a eles.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que conste e lle sirva de notificación a Talleres Hermanos Ramil, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial