Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3935

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (477/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 477/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Corrales Mateos contra a empresa Sanyres European Care I, S.L. sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 716/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 477/2011.

Demandante: Guadalupe Corrales Mateos.

Letrado: Sr. Suárez de la Fuente.

Demandados:

Sanyres European Care I, S.L.

Fogasa.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

Sentenza nº 716/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

Resolvo:

Desestimo a demanda formulada por Guadalupe Corrales Mateos fronte a Sanyres European Care I, S.L. e, en consecuencia, absólvoa de todos os pedimentos formulados fronte a ela.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles de que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que conste e sirva de notificación a Sanyres European Care I, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial