Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (876/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 876/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Luis Tubío Collazo contra a Empresa Multiser Somar, S.L., Cometa Barbanza, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Non procede a aclaración da sentenza ditada o 17 de decembro de 2013 nos presentes autos de seguridade social número 876/2010 nos termos solicitados por Mutua Universal Mugenat, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 10.

Debo rectificar e rectifico, de oficio, a sentenza ditada o 17 de decembro de 2013 nos presentes autos de seguridade social 876/2010, no sentido seguinte:

No fundamento xurídico segundo in fine, onde di: “E finalmente, quedou acreditado, en canto que non foi tampouco controvertido, que as prestacións por IT derivada de enfermidade común correspondentes ao traballador demandante ascenden á suma de 350,61 euros para os primeiros quince días de baixa en canto que a súa base reguladora diaria ascende a 48,67 euros.”, debe dicir: “E finalmente, quedou acreditado, en canto que non foi tampouco controvertido, que as prestacións por IT derivada de enfermidade común correspondentes ao traballador demandante ascenden á suma de 351,60 euros para os primeiros quince días de baixa en canto que a súa base reguladora diaria ascende a 48,67 euros.”

O ditame quedará redactado como segue: “Que, estimando integramente a demanda interposta por José Luis Tubío Collazo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 10, Multiser Somar, S.L. e Cometa Barbanza, S.L., debo declarar e declaro que a base reguladora da prestación de IT do demandante ascende a 48,67 euros diarios, e condeno as demandadas a estar e pasar pola devandita declaración, e debo condenar e condeno a Multiser Somar, S.L. e a Cometa Barbanza, S.L. de forma solidaria a aboarlle ao demandante a suma de 351,60 euros en calidade de responsables directas do aboamento da prestación de IT durante os quince primeiros días da baixa, e a Mutua Universal Mugenat, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 10 a anticiparlle ao demandante a suma de 351,60 euros en concepto de prestación de IT correspondente aos primeiros quince días de baixa, sen prexuízo do seu dereito de repetición contra as mercantís codemandadas, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia de Mutua Universal Mugenat, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 10”.

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a presente rectificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.»

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás entidades Multiser Somar, S.L. e Cometa Barbanza, S.L. insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial