Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (492/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 492/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorenzo Otero Guldris contra a empresa Oyalia, S.L. y Otros, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto:

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2014.

Maxistrada xuíza que o dita: Susana Villarino Moure.

Parte dispositiva:

Rectifico o erro de cálculo na sentenza ditada nos presentes autos de forma que no ditame, onde di no seu punto 2º: «30.228,23 euros en concepto de indemnización», debe dicir: «102.403,56 euros en concepto de indemnización».

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos que poidan interpor contra a resolución rectificada.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Manuel Malde López, C.B., Óscar Malde Pardo de Andrade, Myriam Telleria González e a comunidade hereditaria de Alfredo Malde Pardo, por encontrarse en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial