Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3740

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (176/2011).

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente, anuncio:

No presente procedemento ordinario 176/2011 seguido por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Fernando Tesan Mera, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Xuízo ordinario 176/2011.

Sentenza 123/2012.

En Pontevedra o 26 de setembro 2012.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario nº 176/2011 seguidos por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros asistido da letrada do Estado Sra. Gómez Andrés contra Fernando Tesan Mera, en situación de rebeldía procesual, versando o xuízo sobre reclamación por repetición do importe aboado por danos derivados de accidente de circulación.

Decido que desestimo a demanda interposta polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Fernando Tesan Mera e absolvo a Fernando Tesan Mera das pretensións deducidas contra el.

As custas procesuais impóñense ao Consorcio de Compensación de Seguros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, advertíndolles que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, Fernando Tesan Mera, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial