Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3742

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño

EDICTO (144/2012).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario número 144/2012, seguido por instancia de Banque PSA Finance fronte a Auto Mecánica del Noroeste, S.L. ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola representación procesual de Banque PSA Finance, S.A., contra Automecánica del Noroeste, S.A. e, en consecuencia, debo de condenar e condeno esta a pagar á demandante a cantidade de once mil douscentos setenta e seis euros con vinte e nove céntimos (11.276,29), máis os xuros pactados. Todo iso de acordo co establecido nos anteriores fundamentos xurídicos da presente resolución.

Que debo impoñer e impoño as custas causadas a Automecánica del Noroeste, S.A.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de acreditación de ter depositado a cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación supoñerá a inadmisión a trámite do recurso. A desestimación ou inadmisión deste supoñerá a perda do depósito.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o demandado, Automecánica do Noroeste, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 18 de novembro de 2013

O secretario xudicial