Por Orde desta consellería do 30 de outubro de 2013 (DOG núm. 221, do 19 de novembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 30 de outubro de 2013 (DOG núm. 221, do 19 de novembro), para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo desta orde.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014
Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Posto: subdirector/a de Enfermaría de Verín.
Nome e apelidos: María Luisa Rodríguez Martínez.
Posto: subdirector/a médico/a do Barco de Valdeorras.
Nome e apelidos: María del Carmen Riádigos Rodríguez.