Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se notifica ás persoas interesadas a resolución de expedientes tramitados ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo a resolución dos expedientes de axuda extraordinaria a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños, nº 2.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2013/84-0.

Interesado: José Enrique García Gómez.

Acto notificado: Resolución do 17 de decembro de 2013 pola que se denega a axuda extraordinaria.

Expediente: PR905A 2013/64-0.

Interesada: María del Carmen Sánchez Díaz.

Acto notificado: Resolución do 23 de decembro de 2013 pola que se concede a axuda extraordinaria.