Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3708

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2014.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 12, do luns 20 de xaneiro de 2014, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 1935, artigo 4, número 2, letra a), onde di: «Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade do aire que se poidan encadrar nun dos tres subgrupos de actuacións que se sinalan a seguir:»; debe dicir: «Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade do aire que se poidan encadrar nun dos dous subgrupos de actuacións que se sinalan a seguir:».

Na páxina 1944, artigo 7, número 1, letra a.2), no punto 1), ao referirse ao contido da memoria técnica que se deberá remitir, concretamente no segundo guión, onde di: «(...) O cálculo da redución das emisións distintas dos GEI deberá estar debidamente xustificado, e para os efectos do seu cómputo considerarase o período anual comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014.»; debe dicir: «(...) O cálculo da redución das emisións distintas dos GEI deberá estar debidamente xustificado, e para os efectos do seu cómputo considerarase o período anual comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013.».

Na páxina 1949, artigo 9, número 1, primeiro guión, no punto cuarto onde di: «Auditoría para a determinación da pegada de carbono en produto (...)»; debe dicir: «Auditoría para a determinación da pegada de carbono corporativa ou dun produto da empresa».

Na páxina 1963, artigo 15, número 7, onde di: «Cando se trate de actuacións dirixidas á realización dunha auditoría para a determinación da pegada de carbono en produto (...)»; debe dicir: «Cando se trate de actuacións dirixidas á realización dunha auditoría para a determinación da pegada de carbono corporativa ou dun produto da empresa (...)».