Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3706

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de xaneiro de 2014, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais deste.

En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, unhas vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 23 de xaneiro de 2014, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de xaneiro de 2014, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Consellería de Facenda

Na vixente relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística prodúcense as seguintes modificacións:

Amortizacións:

Nos centros que se sinalan, suprímense os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario

Código do posto

Denominación

Instituto Galego de Estatística

Centro de destino: Instituto Galego de Estatística

FC.A01.00.000.15770.009

Posto base grupo A

FC.A01.00.000.15770.018

Técnico/a facultativo/a superior

FC.A01.00.000.15770.020

Técnico/a facultativo/a superior

Centro de destino: Secretaría xeral

FC.A01.00.001.15770.012

Negociado administrativo

Centro de destino: S. X. de Produción Estatística

FC.A01.00.003.15770.042

Técnico/a facultativo/a medio

Persoal laboral

Código do posto

Denominación

Instituto Galego de Estatística

Centro de destino: S. X. de Produción Estatística

FC.A01.00.003.15770.052

Entrevistador/a-enquisador/a

Modificacións:

No centro de destino «SECRETARÍA XERAL», no posto «FC.A01.00.001.15770.011.- SECCIÓN DE CONTABILIDADE E HABILITACIÓN», modifícase o seu punto do complemento específico que pasa a ser «10.836,00» e nas observacións engádese «DISPOÑIBILIDADE HORARIA (ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA DO 30.12.2008)».