Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3709

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de Biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data.

Marzo 2014: 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29.

Abril 2014: 4 e 5.

4. Lugar de celebración.

Estudios Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a.

Responsables técnicos de empresas de servizos. Control de pragas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 7.3.2014

16.00-21.00 h

Introdución. Praguicidas (I).

Día 8.3.2014

10.00-14.00 h

Praguicidas (II).

16.00-20.00 h

Manipulación: Formulacións e preparacións.

Día 14.3.2014

16.00-21.00 h

Almacenamento e transporte de biocidas. Equipos de aplicación.

Día 15.3.2014

10.00-14.00 h

Pragas específicas (I).

16.00-20.00 h

Pragas específicas (II).

Día 21.3.2014

16.00-21.00 h

Aplicación de raticidas e ratonicidas. Aplicación de insecticidas e acaricidas. Exercicio práctico.

Día 22.3.2014

10.00-14.00 h

Desinfección. Produtos utilizados. Técnicas de desinfección.

16.00-20.00 h

Aplicación de técnicas de desinfección. Exercicio práctico.

Día 28.3.2014

16.00-19.00 h

Praguicidas e ambiente (I).

19.00-21.00 h

Exercicios prácticos.

Día 29.3.2014

10.00-14.00 h

Praguicidas e ambiente (II).

16.00-20.00 h

Precaucións e normas de seguridade (I).

Día 4.4.2014

16.00-21.00 h

Precaucións e normas de seguridade (II).

Día 5.4.2014

10.00-13.00 h

Exercicios prácticos.

13.00-14.00 h

Proba de avaliación.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de as superaren, expedirá o certificado correspondente, co que poderán solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas: marzo 2014: 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29; abril 2014: 4 e 5.

Lugar de realización do curso: Estudios Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 7, 14, 21, 28 de marzo e 4 de abril das 16.00 ás 21.00, o 8, 15, 22 e 29 de marzo das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00, o 5 de abril das 10.00 ás 14.00.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes: Estudios Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo, teléfono 982 243 944, fax 982 284 161, correo electrónico cacumen@cacumenlugo.com

Data límite de presentación de solicitudes: 4 de marzo de 2014.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos..........................................................................................................................

Nome..............................................................................................................................

NIF..................................................................................................................................

Enderezo........................................................................................................................

Localidade......................................................................................................................

Teléfono....................................................Fax................................................................

Empresa.........................................................................................................................