Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (193/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 193/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Pena Louzao contra a empresa Forjas de Santiago, S.L., Santín y Otero, S.C., Rosa María Santín Gómez e Susana Seoane Otero, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Alberto Pena Louzao e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 2 de xaneiro de 2013 e condeno solidariamente a Forjas de Santiago, S.L. e Santín y Otero, S.C. a optar entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir a razón de 52,28 euros diarios, ou a extinción da relación laboral, con aboamento ao demandante da indemnización de 20.275,81 euros, todo iso con responsabilidade subsidiaria e mancomunada de Rosa María Santín Gómez e Susana Seoane Otero respecto de Santín y Otero, S.C.

A opción do empresario deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

Condeno o administrador concursal a se ater a esta resolución na súa condición de tal.

Condene o Fogasa a se ater a esta resolución de conformidade co artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación».

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Advírtese a Forjas de Santiago, S.L. de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial