Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3573

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (34/2013).

No recurso de casación en unificación de doutrina nº 34/2013 interposto contra a sentenza ditada no recurso de suplicación nº 3676/2009, seguida ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 757/2008 do Xulgado do Social número 1 de Vigo promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e outros, sobre outros dereitos seguridade social, con data do 5 de novembro de 2013 a Sala IV do Tribunal Supremo ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvemos:

Desestimamos o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do 21 de decembro de 2012, ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que confirmamos, pola que se resolve o recurso de suplicación interposto contra a sentenza do 5 de xuño de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo. Sen custas.

Devólvanse as actuacións ao órgano xurisdicional de procedencia, coa certificación e comunicación desta resolución».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Promociones Ayude y Manolo, S.L., con último domicilio coñecido en avda. Coruña, nº 71, 1º esq., Valga-Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial