Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (188/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 188/2013, deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Romero Rodríguez contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Carlos Romero Rodríguez contra as empresas Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e Industrias Gelucho Romar, S.A. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data do 18 de xaneiro de 2013, e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data desta resolución, xa que a anterior entidade cesou na súa actividade, condenando solidariamente as entidades Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e Industrias Gelucho Romar, S.A. ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 33.076,55 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Hijos GR Carpintería 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial