Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o 10 de outubro de 2013, pronunciou a Sentenza número 729/2013, ditada no procedemento ordinario nº 4038/2010, interposto por Francisco Fernández Lodeiro e Sara Fernández Rodríguez, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:
«Estimamos que o recurso contencioso-administrativo interposto por Francisco Fernández Lodeiro e Sara Fernández Rodríguez contra a Orde do 9.11.2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pola que se deu aprobación definitiva á modificación do distrito norte nº 15-20 do Plan xeral de ordenación municipal de Ourense, e a anulamos, por non ser conforme a dereito. Non se fan imposición de costas».
A citada sentenza foi declarada firme.
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014
María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo