Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2771

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4292/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4292/2011, seguido por instancia de Juan José Álvarez Torres contra Nacelim Servicios de Limpieza, S.L., Construcciones Eligio Alonso e Hijos, S.L., Mistralina, S.L e Limpiezas Celigal, S.L, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada María Alonso Suárez, en nome e representación de Nacelim Servicios de Limpieza, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 25 de maio de 2011, en autos número 46/2011, ditada tras demanda de Juan José Álvarez Torres fronte ás empresas Celigal, S.L., Mistralina, S.L., Limpiezas Celigal, S.L. e Nacelim Servicios de Limpieza, S.L., revogamos a dita resolución no que se refire á recorrente, respecto da cal se desestima a demanda interposta. Unha vez firme esta sentenza, procédase á devolución á recorrente do depósito e das consignacións feitas ou, de ser o caso, á cancelación dos aseguramentos prestados para interpor o recurso de suplicación.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez (10) días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación ás empresas Construcciones Eligio Alonso e Hijos, S.L., Mistralina, S.L. e Limpiezas Celigal, S.L., actualmente en ignorados paradoiros e con últimos domicilios coñecidos en Santiago de Compostela, –advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cuando se trate de emprazamento–, expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de decembro de 2013

A secretaria xudicial