Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2560

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014 pola que se publica o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2014.

Aprobado o orzamento económico do ano 2014 polo Consello de Goberno con data do 18 de decembro de 2013, e polo Consello Social o día 27 de decembro de 2013, que figura no anexo desta resolución, remítese ao Diario Oficial de Galicia para a súa publicación.

Vigo, 9 de xaneiro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

1. Previsión de ingresos.

Estimación de ingresos para o exercicio 2014

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

31

 

Prezos públicos

14.835.000,00

 

310

Dereitos de matrícula en cursos e seminarios

110.000,00

 

311

Cotas de instalacións deportivas e outros espazos

275.000,00

 

313

Dereitos de matrícula e servizos académicos

14.450.000,00

 

314

Outros ingresos extensión universitaria

0,00

32

 

Outros ingresos procedentes

935.000,00

 

327

Servizos prestados por actividades investigadoras

495.000,00

 

328

Dereitos de custos indirectos

440.000,00

33

 

Venda de bens

4.500,00

 

330

Venda de publicacións propias

4.500,00

Total capítulo III

15.774.500,00

Capítulo IV. Transferencias correntes

40

 

Da Administración do Estado

4.000.000,00

 

400

Do MEC

4.000.000,00

41

 

De organismos autónomos administrativos

70.000,00

 

410

De organismos autónomos administrativos

70.000,00

45

 

Da Comunidade Autónoma

105.380.000,00

 

450

Da Xunta

105.380.000,00

 

450.00

Financiamento estrutural

81.980.000,00

 

450.01

Financiamento por resultados

13.060.000,00

 

450.02

Financiamento por mellora da calidade

6.840.000,00

 

450.03

Prazas vinculadas e persoal de investigación

1.700.000,00

 

450.09

Outras subvencións

1.800.000,00

46

 

De corporacións locais

235.000,00

 

460

De concellos

55.000,00

 

461

De deputacións

180.000,00

47

 

De empresas privadas

950.000,00

 

470

De empresas privadas

950.000,00

48

 

De familias e institucións sen ánimo de lucro

80.000,00

 

481

De familias e institucións sen ánimo de lucro

80.000,00

Total capítulo IV

110.715.000,00

Capítulo V. Ingresos patrimoniais

52

 

Xuros de depósitos

370.000,00

 

520

Xuros de contas bancarias

370.000,00

54

 

Rendas de bens inmobles

38.000,00

 

540

Alugueiros de locais

38.000,00

55

 

Produtos de concesións administrativas

18.000,00

 

550

Produtos de concesións administrativas

18.000,00

Total capítulo V

426.000,00

Capítulo VII. Transferencias de capital

70

 

Da Administración do Estado

5.600.000,00

 

700

De ministerios

5.600.000,00

75

 

Da Comunidade Autónoma

7.669.000,00

 

750

Da Xunta

7.669.000,00

 

750.00

Financiamento estrutural

1.983.000,00

 

750.02

Proxectos de investigación

4.800.000,00

 

750.03

Infraestrutura de investigación

886.000,00

76

 

De corporacións locais

80.000,00

 

761

De deputacións

80.000,00

77

 

De empresas privadas

4.620.000,00

 

771

Contratos de investigación

4.620.000,00

Total capítulo VII

17.889.000,00

Total operacións non financeiras

144.804.500,00

Capítulo VIII. Variación de activos financeiros

87

 

Remanente de tesouraría

14.850.619,00

 

870

Remanentes de tesouraría

14.850.619,00

Total capítulo VIII

14.850.619,00

Total operacións financeiras

14.850.619,00

Total

159.655.119,00

2. Orzamento de gastos.

Resumo xeral consolidado do orzamento de gastos segundo a clasificación economica

Art.

Cto.

Subcto.

Denominación do gasto

Subcto.

Cto.

Art.

Capítulo 1. Gastos de persoal

10

Altos cargos e delegados

234.000

100

Altos cargos

234.000

11

Persoal eventual

138.000

110

Retribucións básicas

138.000

12

Funcionarios

50.453.380

120

Retribucións básicas

21.790.000

121

Retribucións complementarias

28.663.380

13

Laborais

9.795.000

130

Laborais fixos

7.530.000

131

Laborais eventuais

2.265.000

14

Outro persoal

15.850.000

140

Persoal docente e contratado

15.480.000

140.00

Contratados docentes

12.340.000

140.01

Profesorado visitante

45.000

140.02

Novas prazas e transformacións

360.000

140.06

Persoal investigador subvencionado – convocatorias MEC

1.070.000

140.05

Lectores

55.000

140.08

Persoal Investigador subvencionado – convocatorias Xunta

1.610.000

143

Outro persoal

370.000

143.01

Persoal técnico financiado con subvención pública

370.000

15

Incentivos ao rendemento

745.000

150

Produtividade PAS

740.000

151

Gratificacións do funcionariado PAS

5.000

Art.

Cto.

Subcto.

Denominación do gasto

Subcto.

Cto.

Art.

16

Cotas prestación e gastos sociais a cargo do empregador

11.975.000

160

Cotas da Seguridade Social

11.175.000

162

Gastos sociais do persoal

800.000

162.00

Cursos de formación PAS

195.000

162.04

Plan de pensións

235.000

162.99

Outros gastos sociais

370.000

Total capítulo 1 

89.190.380

Capítulo 2. Gastos correntes en bens e servizos

20

Arrendamentos

515.000

21

Reparación e conservación

3.007.372

212

De edificios e outras construcións

1.114.861

213

De maquinaria, instalacións e ferramentas

1.279.529

214

De material de transporte

65.000

215

De mobiliario e equipamento

547.982

22

Material, subministracións e outros

23.096.963

220

Material de oficina

876.402

221

Subministracións

4.804.951

221.01

De servizos administrativos

4.123.851

221.02

De docencia

431.100

221.23

Medios bibliográficos dixitais

250.000

222

Comunicacións

425.618

223

Transportes

171.720

224

Primas de seguros

150.000

225

Tributos

10.000

226

Gastos diversos

7.700.452

226.01

Atencións protocolarias

239.121

226.02

Publicidade e propaganda

338.738

226.03

Xurídico-contencioso

60.000

226.06

Cursos, conferencias e seminarios

1.894.264

226.09

Cotas de organismos

52.850

226.99

Outros gastos

5.115.479

227

Traballos realizados por outras empresas

8.957.820

227.00

Limpeza e aseo

3.900.000

227.01

Seguridade

725.000

227.06

Estudos e traballos técnicos

2.496.600

227.09

Outros

1.836.220

Art.

Cto.

Subcto.

Denominación do gasto

Subcto.

Cto.

Art.

23

Indemnización por razón de servizos

1.440.203

230

Axudas de custo e locomoción

755.668

233

Outras indemnizacións

684.535

233.04

Xunta de persoal funcionario PDI

1.750

233.05

Xunta de persoal funcionario PAS

1.750

233.06

Comité PAS laboral

1.750

233.07

Comité PDI laboral

1.750

24

Publicacións

53.000

240

Edicións e publicacións

53.000

Total capítulo 2 

28.112.538

Capítulo 3. Gastos financeiros

35

Xuros de demora e outros gastos financeiros

50.000

352

Xuros de demora

40.000

359

Outros gastos financeiros

10.000

Total capítulo 3 

50.000

Capítulo 4. Transferencias correntes

44

A sociedades mercant. est. entid. sen fin de lucro

1.581.000

444

Convenios entidades públicas

1.581.000

47

A empresas privadas

230.500

470

Convenios entidades privadas

230.500

48

Familias e institucións sen fins de lucro

3.222.100

481

Bolsas formación investigadores e profesorado

640.000

481.01

Bolsas de viaxe

35.000

481.02

Bolsas para estadías

75.000

481.03

Bolsas estadías FPI

530.000

482

Bolsas estudantes

2.392.100

482.01

Bolsas comedor

280.000

482.06

Bolsas integración discapacitados

29.000

482.10

Bolsas para mobilidade

264.000

482.11

Bolsas colaboradores/as

1.193.900

482.12

Bolsas excelencia académica

22.000

482.15

Bolsas de residencias

85.000

482.99

Outras

518.200

484

Outras subvencións e transferencias

190.000

484.01

Subvención asociación alumnado

9.000

484.03

Subvención fundacións

146.000

484.09

Outras

35.000

Art.

Cto.

Subcto.

Denominación do gasto

Subcto.

Cto.

Art.

49

Ao exterior

1.533.000

492

Bolsas de intercambio

1.520.000

499

Transferencias e subv. ao exterior

13.000

Total capítulo 4

6.566.600

Capítulo 5. Fondo de continxencia

50

Fondo de continxencia

360.000

500

Fondo de continxencia

360.000

Total capítulo 5 

360.000

Capítulo 6. Investimentos reais

62

Investimento asoc. funcionamento servizos

11.068.051

622

Edificios e outras construcións

6.310.000

623

Maquinaria, instalacións e ferramentas

459.500

625

Mobiliario e equipamento

2.618.551

626

Equipamento docente dos laboratorios

800.000

628

OIM Biblioteca

880.000

64

Gastos de investimento de carácter inmaterial

20.947.550

641

Axuda xeral á investigación

2.970.000

641.01

Gastos de investig. dos departamentos

600.000

641.02

Axudas propias á investigación e á transferencia

1.265.000

641.05

Reunións científicas

90.000

644

Programa investimentos MEC

1.200.000

645

Programa investimentos XUNTA

4.800.000

646

Programas invest. cofinanciados

7.007.550

647

Programas invest. outros organismos

350.000

648

Contratos de investigación

4.620.000

Total capítulo 6

32.015.601

Total gasto non financeiro 

156.295.119

Capítulo 8. Activos financeiros

83

Concesión de préstamos fóra do sector público

120.000

831

Préstamos a longo prazo

120.000

86

Adquisición de accións e participacións fóra do sector público

40.000

860

De empresas nacionais ou da Unión Europea

40.000

Total capítulo 8 

160.000

Art.

Cto.

Subcto.

Denominación do gasto

Subcto.

Cto.

Art.

Capítulo 9. Pasivos financeiros

91

Devolución de préstamos recibidos

3.200.000

911

Devolución de préstamos longo prazo sector público

3.200.000

Total capítulo 9

3.200.000

Total gasto por operacións financeiras 

3.360.000

Total gastos

159.655.119

Normas de desenvolvemento do orzamento do exercicio 2014

As normas de desenvolvemento que se xuntan ao orzamento teñen como obxectivo acadar a correcta xestión do orzamento, do patrimonio e da actividade económico-financeira da Universidade de Vigo.

A súa elaboración realízase ao abeiro do establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades, e nos estatutos da Universidade de Vigo, e das normas que rexen a actividade económico-financeira do sector público galego e estatal.

TÍTULO I
Da aprobación do orzamento e das súas modificacións

Capítulo I
Créditos iniciais e financiamento

Artigo 1. Aprobación dos estados de ingresos e gastos da Universidade de Vigo

1. O orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio de 2014, integrado polos estados de gastos e ingresos, apróbase en equilibrio e cumprindo coa sustentabilidade financeira dentro do teito de gasto establecido polo Consello Social.

No estado de ingresos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevé liquidar durante o exercicio orzamentario e que por normativa orzamentaria suman o mesmo importe que as dotacións de crédito para gastar, que indican o importe máximo das obrigas que se poden recoñecer durante o exercicio.

Artigo 2. Clasificación das previsións de ingresos

No exercicio 2014, nas aplicacións das previsións de ingresos identifícanse, por clasificación orgánica, todos aqueles ingresos que se refiran a proxectos de investigación nos cales exista financiamento europeo para atender o requirimento legal de «realizar unha contabilidade diferenciada de cada unha das actuacións».

Ao tempo múdase a clasificación económica para diferenciar aqueles que se refiren a achegas con fondos nacionais exclusivamente daquelas outras en que existe participación dun financiamento con fondos europeos.

Artigo 3. Clasificación dos créditos do estado de gastos

1. O estado de gastos confeccionarase aplicando unha clasificación funcional por programas que informa do obxectivo que se pretende acadar, unha clasificación orgánica que informa sobre o centro ou unidade da universidade que realiza o gasto e unha clasificación económica que informa da súa natureza.

2. Os créditos clasifícanse nos seguintes programas:

Código

Denominación

111L

Docencia

121D

Apoio ao alumnado e a docencia

131H

Fomento e desenvolvemento da Investigación

141B

Dotación de fondos bibliográficos

211E

Extensión universitaria

311V

Dotación e mantemento de infraestruturas

421S

Goberno e administración da universidade

3. Os créditos clasifícanse organicamente nos seguintes centros de gasto:

Código

Denominación

0000

Reitoría/Xerencia

00CS

Consello Social

00DC

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

00EP

Vicerreitoría de Economía e Planificación

00EU

Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacions Internacionais

00PG

Escola Internacional de Doutoramento

00TG

Tribunal de Garantías

00VT

Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento

00VI

Vicerreitoría de Investigación

OUR1

Vicerreitoría do Campus de Ourense

PON1

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

BUV1

Biblioteca Universitaria

ORI1

Oficina de Relacións Internacionais

CAT1

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación-CACTI

CIB1

Centro de Investigacións Biomédicas-CINBIO

CITI

Centro de Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense-CITI

EMT1

Estación de Ciencias Mariñas de Toralla-ECIMAT

MTI1

Módulo Tecnolóxico Industrial-MTI

ATI1

Centro Singular de Investigación AtlanTIC

INB1

Agrupación Estratéxica para a Investigación en Biomedicina-INBIOMED

AEO1

Agrupación Estratéxica Oceanografía-ECIMAT-AEO-ECIMAT

CIA1

Agrupación Estratéxica Centro de Investigación Agroalimentaria-CIA

ACE1

Agrupación Estratéxica ACio en Tecnoloxías da Información e a Investigación-ACETIC

00XX

Facultades e escolas universitarias

ALXX

Delegacións de alumnos

LLXX

Departamentos

4. Os créditos de gasto clasifícanse, atendendo á súa natureza, en capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, se é o caso.

Capítulo

Denominación

1

Gastos de persoal

2

Gastos en bens e servizos correntes

3

Gastos financeiros

4

Transferencias correntes

5

Fondo de continxencia

6

Investimentos reais

8

Activos financeiros

9

Pasivos financeiros

Capítulo II
Modificación e execución de créditos orzamentarios

Artigo 4. Especialidade dos créditos

Os créditos para gastos destinaranse exclusivamente á finalidade específica para a cal se autorizaron ao aprobar o orzamento ou as correspondentes modificacións orzamentarias, respectando os principios de especialidade temporal, cualitativa e cuantitativa.

Artigo 5. Vinculación dos créditos

1. Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitado a nivel de artigo agás:

a) No capítulo 1, os créditos destinados a incentivos ao rendemento (150 e 151), que terán carácter vinculante a nivel de concepto.

b) No capítulo 2, serán vinculantes os seguintes subconceptos:

226.01. Atencións protocolarias.

226.02. Publicidade e propaganda.

233.04. Outras indemnizacións por razóns de servizo para a xunta de persoal docente e investigador.

233.05. Outras indemnizacións por razóns de servizo para a xunta de persoal de administración e servizos.

233.06. Outras indemnizacións por razóns de servizo para os comités de empresa de persoal de administración e servizos.

233.07. Outras indemnizacións por razóns de servizo para os comités de empresa de persoal docente e investigador.

c) No capítulo 6, os créditos destinados a equipamento de laboratorios docentes –concepto 626–, e os clasificados no artigo 64, que terán a vinculación co nivel de desagregación que se indique no documento orzamentario.

2. Non entanto, terán carácter vinculante, co nivel de desagregación que apareza no estado de gastos, os créditos que teñan financiamento específico.

3. No referido á xestión dos gastos plurianuais teranse en conta as seguintes regras:

– A vinculación dos créditos na clasificación orgánica e a nivel de sección.

– A vinculación dos créditos na clasificación funcional e a nivel de programa.

4. Non se poden adquirir compromisos de gastos por unha contía superior aos importes dos créditos autorizados no estado de gastos, e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan estas normas, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.

Artigo 6. Distribución dos créditos

O orzamento poderá executarse mediante subprogramas. Poderán crearse novos subprogramas unha vez aprobado o orzamento, que poderán ser dotados mediante desagregación de crédito ou transferencia de crédito dentro do mesmo programa de gasto.

Artigo 7. Fondo de continxencia

1. Co fin de facer fronte durante o exercicio orzamentario a necesidades inaprazables para as cales non se fixera en todo ou en parte unha axeitada dotación de crédito, inclúese no orzamento da universidade a aplicación orzamentaria 0000 421S 500 «Fondo de continxencia». Este fondo poderá ser destinado a financiar créditos ampliables ou transferencias de crédito.

2. Este fondo, ademais da consignación inicial contida no orzamento, poderá ser dotado por retencións noutros créditos, con independencia do programa a que se refiran, ou con remanente non afectado de tesouraría. Neste último caso precisará autorización previa do Consello de Goberno, e sempre que non signifique un incremento do teito de gasto aprobado para o exercicio 2014.

3. A dotación ou a utilización do fondo, con independencia do indicado nos seguintes artigos, será autorizado pola Xerencia tras a instrución do oportuno expediente. Para a dotación e utilización do fondo deberán xustificarse respectivamente as súas fontes de financiamento e as necesidades orzamentarias que se prevé atender. A Xerencia dará conta periodicamente ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 8. Principios xerais das modificacións orzamentarias

1. Son modificacións orzamentarias as variacións que poden autorizarse nos créditos que financian o estado de gastos para axeitalos ás necesidades que se produzan durante a execución do orzamento e as correspondentes previsións de ingresos, se proceder.

2. Todo acordo de modificación orzamentaria requirirá a instrución do oportuno expediente polo administrador/a de centro/ámbito/campus, director/a ou xefe/a do servizo. O expediente conterá unha memoria xustificativa cos motivos que fundamentan a proposta, indicando tanto os referentes á realización do novo gasto proposto como, de ser o caso, a suspensión da actuación inicialmente prevista e a repercusión sobre os obxectivos do programa afectado, e na cal, como mínimo, se expresarán os programas e conceptos afectados co maior nivel de detalle, así como o seu financiamento no caso de que a modificación implique aumento neto do gasto.

3. Non se poden incrementar os créditos iniciais dos subconceptos 226.01 e 226.02.

4. As modificacións orzamentarias non poden implicar un aumento do teito de gasto aprobado para o exercicio 2014, coa excepción daquelas subvencións finalistas da Xunta de Galicia, da Administración do Estado, da Unión Europea ou doutras administracións públicas para actividades non previstas no orzamento inicial.

5. Se fose necesario aprobar unha modificación do orzamento que incremente o teito de gasto e non estivese comprendida no número anterior, deben levarse ao Consello Social a aprobación do teito de gasto e a modificación simultaneamente.

Artigo 9. Xeracións de crédito

1. Os ingresos que acheguen persoas naturais ou xurídicas, públicas ou privadas, e que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da universidade, poderán xerar crédito no estado de gastos. Tamén poderán xerar crédito:

– O alleamento de bens patrimoniais da Universidade.

– A prestación de servizos.

– O reembolso de empréstitos.

– O crédito do exterior para investimentos.

– O mecenado.

2. No expediente de xeración de crédito terá que constar a xustificación acreditativa de ingresos efectuados, así como a inexistencia de aplicación orzamentaria específica, se fose o caso. A Xerencia é o órgano competente para a aprobación destas modificacións e, no caso de convenios ou resolucións de entidades públicas, pode autorizar a xeración de crédito dando credencial do compromiso do ingreso mediante copia do convenio asinado ou da resolución. A Xerencia dará conta periodicamente destas modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

3. O enunciado nos números anteriores está supeditado a que non se incremente o teito de gasto establecido para o exercicio 2014.

Artigo 10. Créditos ampliables

1. Terán excepcionalmente a consideración de ampliables os créditos seguintes:

a) Os destinados ao pagamento das cotizacións á Seguridade Social ou outros gastos sociais do persoal.

b) Os destinados ao pagamento de xuros, amortización de préstamos ou de operacións de crédito concertadas pola universidade, así como os gastos financeiros.

c) Os destinados á cobertura de necesidades de toda orde motivadas por sinistros, catástrofes ou outros de recoñecida urxencia.

d) Os destinados a atender as obrigas contidas nos programas ou subprogramas de gasto referidos a:

– Prazas do persoal de administración e servizos.

– Prazas do persoal docente e investigador.

– Lectura de teses de doutoramento.

En relación con este último punto establecese un límite máximo de 1.600 € de gasto por tese de doutoramento con mención europea ou internacional e de 1.300 € de gasto para o resto das teses. Estes límites aplícanse para os gastos que se efectúen con cargo á partida centralizada.

Excepcionalmente, a Comisión de Estudos de Posgrao, na figura da súa presidenta, poderá autorizar o incremento destes límites contra outras aplicacións orzamentarias, logo de solicitude xustificada do director da tese (a solicitude deberá indicar a aplicación orzamentaria, diferente da aplicación centralizada, que se fará cargo da ampliación).

2. A Xerencia autorizará as ampliacións de crédito. O expediente de ampliación de créditos deberá establecer a fonte de financiamento da dita ampliación, distinguindo se se financiará con reducións noutros créditos, con maiores recursos que se vaian obter ou con remanente non afectado de tesouraría. A Xerencia dará conta periodicamente das modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

3. O cumprimento do establecido nos números anteriores está condicionado a que non se incremente o teito de gasto aprobado para o exercicio 2014.

Artigo 11. Transferencias de crédito

1. Consisten no traspaso da totalidade ou parte dos créditos dun concepto orzamentario a outro do orzamento de gastos, isto é, na minoración dun ou varios conceptos en favor doutro ou doutros que aumentan globalmente na mesma contía. A proposta de diminución dun crédito dos que teñen financiamento xenérico ten que garantir que no crédito minorado quede consignación suficiente para atender os gastos previstos ata o final do exercicio.

2. As transferencias de crédito estarán suxeitas ás seguintes limitacións xerais:

– Non poderán minorarse créditos que fosen incrementados mediante transferencia.

– Non poderán afectar créditos incorporados como consecuencia de remanentes non comprometidos en exercicios anteriores.

– Non incrementarán créditos que, como consecuencia doutras transferencias, fosen obxecto de minoración.

– Non poderán afectar créditos con financiamento específico, agás autorización, que deberá acreditarse no expediente do ente financiador.

– Non poderán minorarse créditos ampliables.

– Non poden afectar créditos con distinta vixencia anual.

3. Correspóndelles aprobar as transferencias de crédito aos seguintes órganos:

a) Ao Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, as transferencias de gastos de capital a gastos correntes, calquera que sexa o programa que afecten.

b) Ao Consello de Goberno, as transferencias de crédito entre conceptos de diferentes programas, agás as mencionadas na letra a).

c) Ao Xerente, por delegación do Consello de Goberno, as transferencias entre créditos das diversas epígrafes dun mesmo ou de diferentes capítulos de gasto correspondentes ao mesmo programa, agás as mencionadas nas letras a) e b), salvo en caso de que se refiran á dotación ou utilización do fondo de continxencia.

Artigo 12. Reasignación, desagregación e redistribución de créditos

1. As dotacións de crédito que sexan realizadas desde os centros xestores de programas de gasto ás diferentes clasificacións orgánicas para a xestión descentralizada destes, sempre que non modifiquen nin a clasificación funcional, nin a clasificación económica, serán consideradas reasignacións de crédito e non transferencias de crédito.

Se o que se modifica, por ampliación de concepto a subconcepto, é exclusivamente a clasificación económica, estaremos diante dunha desagregación de crédito.

A redistribución supón o traspaso da totalidade do crédito dunha aplicación a outra ou outras con distinta clasificación orgánica, pero a mesma clasificación funcional e económica.

2. As reasignacións, desagregacións ou redistribucións de crédito serán ordenadas polo xerente, por proposta do vicerreitor/a correspondente en función da materia de que se trate, quen deberá achegar aos administradores/as de centros/campus e xefes/as de servizo afectados/as copia dos acordos.

Artigo 13. Programa de soporte á xestión económica de grupos de investigación

1. A Xerencia, por proposta da Vicerreitoría de Investigación, poderá autorizar a apertura de aplicacións orzamentarias de gasto para os grupos de investigación que subscriban un programa de soporte para a xestión económica das actividades de I+D+i.

Para a xestión destas actividades atenderase ao indicado no «Protocolo para o de-senvolvemento do programa de soporte á xestión económica de grupos de investigación», aprobado na sesión ordinaria do Consello de Goberno que tivo lugar o 13 de xuño de 2013, sempre que non se contradiga co establecido nestas normas nin nas que estableza con carácter xeral a Comunidade Autónoma de Galicia ou a Administración central.

2. A Xerencia dará conta periodicamente das dotacións de crédito para estes programas, indicando a procedencia dos créditos dotados, ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 14. Imputación de obrigas

1. Con cargo aos créditos do estado de gastos de cada orzamento, só poderán contraerse obrigas derivadas de adquisicións, obras ou servizos e demais prestacións, ou gastos en xeral, que se realicen no ano natural do propio exercicio orzamentario.

2. Non obstante, aplicaranse aos créditos do orzamento vixente no momento da expedición das ordes de pagamento as obrigas seguintes:

– As que resulten da liquidación de atrasos a favor do persoal que perciba as súas retribucións con cargo ao orzamento da universidade.

– As derivadas de compromisos de gasto debidamente recoñecidos en exercicios anteriores e, especialmente, as indemnizacións por razóns de servizo xeradas no último cuadrimestre do ano anterior.

– As que resulten de gastos realizados en exercicios anteriores e se validen na forma regulamentariamente establecida.

3. O reitor é o órgano competente para a validación de gastos, que deberán ter o informe previo do Servizo de Control Interno. Para a validación dos gastos será necesario que, por parte dos órganos que teñen a competencia para autorizar gasto, se confeccione o oportuno expediente, en que figurará necesariamente a causa da non imputación ao orzamento correspondente e a aplicación a que correspondería imputar o gasto.

4. No referido aos gastos de carácter plurianual aplicarase o seguinte:

a) Para a execución de gastos con cargo aos créditos de exercicios futuros, é necesaria a comprobación previa do cumprimento dos límites establecidos na normativa orzamentaria, e será preciso xuntar ao expediente a constatación da dita circunstancia.

b) No caso de que fose necesario, logo de xustificación do órgano propoñente e o conforme do Servizo de Control Interno, o reitor poderá aprobar a modificación dos límites a que se fai referencia no punto anterior, sempre que esta aprobación non implique incumprimento do plan de estabilidade orzamentaria aprobado pola Xunta de Galicia para a universidade.

c) No caso de que a actuación se refira a un proxecto de investigación ou a un contrato programa, será necesario incorporar no expediente a certificación expresa da existencia do compromiso de financiamento. Se nalgún exercicio non existise crédito axeitado, o reitor poderá determinar a aplicación orzamentaria que soportará o gasto, no caso de que este deba realizarse.

Artigo 15. Remanentes de crédito

1. O remanente de tesouraría é un recurso orzamentario obtido, con carácter xeral, pola acumulación de resultados orzamentarios positivos dos anteriores exercicios. O remanente de tesouraría obtense pola suma dos fondos líquidos, máis os dereitos pendentes de cobramento, menos as obrigas pendentes de pagamento.

Para a incorporación ao exercicio orzamentario seguinte dos remanentes de tesouraría, aplicarase o que establezan as normas de sustentabilidade orzamentaria, tanto da Administración autonómica coma da Administración central.

Sempre dentro do establecido nas normas a que se refire o parágrafo anterior, o remanente de tesouraría debe aplicarse, en primeiro lugar, á dotación dos créditos necesarios para a devolución dos anticipos reintegrables que financian as diferentes infraestruturas de investigación. En segundo lugar, para financiar proxectos de investigación e demais actuacións con financiamento externo cunha duración que se estenda alén do exercicio económico de que se trate, pola parte do crédito dotado e non executado no exercicio.

Unha vez executadas as actuacións referidas anteriormente, e sempre que queden importes pendentes de aplicación, procederase a incorporar os créditos que acadaran a fase D, antes do 31 de decembro, na execución das aplicacións orzamentarias do exercicio precedente.

O reitor excepcionalmente poderá acordar a incorporación do crédito dispoñible en 31 de decembro nas aplicacións orzamentarias correspondentes ás axudas a equipos de investigación, á dotación de laboratorios docentes e á produción científica, logo de petición que deberá vir acompañada da memoria xustificativa da necesidade. No caso de aprobarse esta incorporación, o crédito debe executarse, ineludiblemente, durante o exercicio a que se incorpore.

2. Para a incorporación dos créditos de gasto destinados á execución das actividades previstas no programa de soporte á xestión económica de grupos de investigación mencionados no artigo 13, atenderase ao indicado no «Protocolo para o desenvolvemento do programa de soporte á xestión económica de grupos de investigación», aprobado na sesión ordinaria do Consello de Goberno que tivo lugar o 13 de xuño de 2013.

3. O resto dos remanentes que non se executen en 31 de decembro serán considerados de libre disposición para o exercicio seguinte.

4. Todas as operacións anteriores se entenden sempre supeditadas a que non se sobrepase o teito de gasto establecido para o exercicio 2015.

TÍTULO II
Dos gastos de persoal

Artigo 16. Custos de persoal

1. As retribucións do persoal activo ao servizo da universidade quedan suxeitas ao que nesta materia dispón a Lei de orzamentos xerais do Estado e a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Poderanse abrir partidas orzamentarias específicas no capítulo I para gastos de persoal contratado para a prestación de servizos con base en convenios con financiamento externo.

Estes gastos, coas súas cotas sociais, non poderán superar os importes dos convenios subscritos ou das previsións de ingresos. Así mesmo, poderanse ampliar as dotacións orzamentarias dos conceptos referidos, cando ao longo do exercicio se produza a incorporación de novo persoal co financiamento correspondente, sempre que non se contradiga co establecido nestas normas nin nas que estableza con carácter xeral a Comunidade Autónoma de Galicia ou a Administración central.

3. Con cargo aos créditos dos programas 111L e 131H, xestionados en centros e departamentos respectivamente, non se poden realizar contratacións de persoal.

4. A dotación orzamentaria do capítulo 1 inclúe unha previsión de 40.000 € para atender o mandato contido no artigo 88.3 dos estatutos da Universidade de Vigo.

TÍTULO III
Subvencións

Artigo 17. Achegas a fundacións

1. Quedan autorizadas no exercicio 2013 as seguintes achegas directas a fundacións:

Entidade

Importe

Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal

4.000,00 €

Fundación para a Promoción da Automoción en Galicia-CTAG

12.100,00 €

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (Energylab)

20.000,00 €

Fundación Escola de Organización Industrial

20.000,00 €

Fundación Universidade de Vigo-FUVI

60.000,00 €

2. Dentro dos límites do crédito orzamentado na aplicación 0000 421S 484, a Comisión Delegada de Planificación e Asuntos Económicos do Consello de Goberno poderá autorizar outras achegas a fundacións agás aquelas en que, segundo o previsto no artigo 84 da Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades, deban ser aprobadas polo Consello Social.

TÍTULO IV
Da contratación administrativa

Artigo 18. Informes e autorizacións previas á contratación administrativa.

1. Sen prexuízo da documentación e trámites que estableza a Lei de contratos do sector público, cumprirá informe previo e vinculante do director do Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas nos casos en que as actuacións afecten edificios da universidade e as súas instalacións xerais.

2. Os contratos administrativos de servizos, cando supoñan o uso por parte do contratista ou do seu persoal de inmobles, instalacións ou equipamento da universidade para a prestación dos servizos, requirirán a autorización previa da Xerencia.

Artigo 19. Medidas de racionalización da técnica da contratación

1. O reitor, por proposta da Xerencia, poderá declarar a uniformidade na adquisición de determinados bens e servizos, co obxecto de proceder á realización de compras conxuntas para toda a universidade ou racionalizar e ordenar a adxudicación de contratos mediante a conclusión de acordos marco, a articulación de sistemas dinámicos de contratación ou a asunción da contratación por servizos especializados.

2. A Xerencia queda autorizada para reter, autorizar e dispoñer dos créditos correspondentes para a contratación de bens e servizos de forma conxunta para toda a universidade, previa a declaración prevista no punto anterior. Así mesmo, poderá reter, autorizar, dispoñer e obrigar os créditos correspondentes nas contratacións centralizadas de obras, subministracións e servizos.

Artigo 20. Outras normas en relación coa tramitación de expedientes

1. Na proposta de contratación de obras, bens e servizos con cargo a créditos con financiamento específico será obrigatorio indicar a fonte de financiamento e o prazo de xustificación do gasto.

2. Despois do 30 de setembro e do 31 de outubro de cada exercicio non se poderán iniciar expedientes de contratación, mediante procedemento aberto ou procedemento negociado respectivamente, con cargo a créditos do exercicio corrente.

A data límite será un mes antes para os contratos de regulación harmonizada ou calquera dos contratos mencionados no artigo 37.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector publico, que poidan ser obxecto de recurso especial en materia de contratación.

Con cargo a proxectos de investigación, unicamente se poderán iniciar expedientes de contratación cando o período entre a data de inicio do expediente e a data de finalización do proxecto sexa superior a dous meses. En todo caso, a tramitación só será posible se, computado o tempo de tramitación e de execución do contrato, a xustificación de gastos é posible.

3. Excepcionalmente, tras a debida xustificación do propoñente, o órgano de contratación poderá autorizar o inicio de expedientes despois das devanditas datas.

Artigo 21. As actas de recepción

1. As actas de recepción derivadas de expedientes de contratación de obras deberán lexitimarse coas sinaturas do contratista, dos facultativos encargados da dirección da obra, do facultativo designado polo reitor, do responsable o dun representante do Servizo de Control Interno e do xerente.

2. As actas de recepción derivadas de expedientes de contratación de subministracións ou servizos deberán lexitimarse coas sinaturas do contratista, das persoas autorizadas en razón da súa competencia nos créditos dos centros de gasto, do responsable do Servizo de Control Interno, do xerente e, de ser o caso, o responsable do proxecto de investigación a que corresponde o expediente. Nos servizos centralizados, ou cando así o estime oportuno a Xerencia, figurará o responsable a que se destine o obxecto do contrato e o técnico que se designe.

3. Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as subministracións de bens e os servizos que respondan a necesidades permanentes e que supoñan entregas ou prestacións repetitivas, que serán recepcionados mediante dilixencia sobre a factura ou documento xustificativo da entrega por parte do responsable da unidade a que se destine o obxecto do contrato e as persoas autorizadas en razón da súa competencia nos créditos do centro de gasto.

4. Trimestralmente darase conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social das recepcións efectuadas que superen os 450.759,08 euros en obras e 300.506,05 euros en subministracións e en servizos.

TÍTULO V
Da xestión do inventario e patrimonio

Artigo 22. Dos bens mobles inventariables

Serán inventariables como regra xeral os bens non funxibles que reúnan conxuntamente os requisitos que se indican a continuación:

a) Que se lles calcule unha vida útil superior ao ano e non se consuman co uso.

b) Que teñan un custo unitario superior a 400 euros, tendo en conta o valor de imputación da adquisición ao orzamento da universidade.

Exceptuarase do anterior o mobiliario (cadeiras, mesas, armarios ou outro mobiliario semellante) que se terá que inventariar en todos os casos con independencia do seu valor.

Tamén se incorporarán ao inventario aqueles bens que, aínda que non fosen adquiridos pola universidade, sexan doados. Nestes casos a valoración do material virá dada, con carácter xeral, pola factura de adquisición ou, na súa falta, por unha certificación expedida pola persoa ou entidade doadora do ben.

Artigo 23. Alleamento de bens patrimoniais da universidade

O alleamento de bens producirase mediante poxa, tras a instrución do expediente polo Servizo de Xestión Económica e Contratación, no cal necesariamente se incluirá a súa taxación pericial. Cando o importe sexa inferior a 6.000 euros, a autorización do expediente corresponderá ao reitor e, se é superior a esa contía, corresponderalle ao Consello Social.

Artigo 24. Actualización do valor contable patrimonial

Autorízase o xerente a ditar as normas necesarias para a actualización en 31 de decembro de 2014, do valor contable do inventario da universidade.

TÍTULO VI
Da memoria anual

Artigo 25. Elaboración da memoria

1. Os decanos/as, directores/as de escola, directores/as de departamento e os coordinadores/as de programas oficiais de posgrao e títulos propios co apoio dos administradores/as de centro, ámbito ou campus, elaborarán unha memoria económica anual no prazo de tres meses contados a partir do peche do exercicio económico. Esta mesma obriga aplícase aos vicerreitores e á Xerencia, así como aos responsables dos restantes programas de actuación.

2. Estas memorias formarán parte, como anexo, da memoria económica anual da universidade, que elaborará a Vicerreitoría de Economía e Planificación e a Xerencia baixo a dirección do reitor.

3. As memorias conterán como mínimo unha explicación da execución do orzamento e das modificacións do mesmo, así como una descrición das accións realizadas. A Vicerreitoría de Economía e a Xerencia elaborarán unha instrución conxunta para determinar o seu contido e formato.

TÍTULO VII
Especificidades da xestión dos gastos

Capítulo I
Facultades e escolas técnicas e universitarias

Artigo 26. Créditos para centros

Os créditos do programa 111L «Docencia» inclúen:

– As dotacións básicas para o sostemento das facultades e escolas técnicas e universitarias que figuran no anexo II.

– As dotacións para o desenvolvemento das titulacións oficiais de posgrao e títulos propios que se desenvolven por subprogramas dentro de cada centro e que tamén figuran no anexo II.

– As dotacións para as delegacións de estudantes que figuran no anexo II.

– As dotacións por calidade docente que se distribuirán na forma establecida no artigo seguinte.

Artigo 27. Calidade docente

A dotación de 400.000,00 € por calidade docente será concorrente e a súa distribución será por conta da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade, en aplicación dos indicadores de calidade docente dos exercicios 2012 e 2013. Estes créditos incrementarán os créditos orzamentados para cada facultade ou escola que se indican no anexo II deste documento.

Capítulo II
Departamentos

Artigo 28. Créditos para departamentos

Os créditos do programa de departamentos inclúen as dotacións básicas para o sostemento dos departamentos que figuran no anexo II.

Artigo 29. Desprazamentos dos docentes

A aplicación 20140000421S 230 terá no exercicio de 2014 unha dotación de 30.000,00 € para financiar as axudas de custo dos desprazamentos entre os campus en función da docencia de cada cuadrimestre. Os pagamentos efectuaranse consonte as liquidacións elaboradas seguindo as instrucións da Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións.

Artigo 30. Produción docente

Establécese unha dotación de 200.000,00 € por produción docente. A dotación será concorrente e a súa distribución será por conta da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade en aplicación dos indicadores de calidade da actividade docente en departamentos. Estes créditos incrementarán os créditos orzamentados para cada departamento que se indican no anexo II deste documento.

Artigo 31. Produción científica

Neste exercicio distribuiranse 600.000,00 € incluídos na aplicación 201400VI131H641.01 «Produción científica». A distribución deste importe será realizada pola Vicerreitoría de Investigación, en función dos resultados de investigación obtidos no exercicio 2012, incrementarán os créditos orzamentados para cada departamento que se indican no anexo II deste documento.

Artigo 32. Produción de transferencia

Neste exercicio distribuiranse 85.000,00 € incluídos na aplicación 201400VT131H641.02 «Produción de transferencia». A distribución deste importe será realizada pola Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento, en función dos resultados de transferencia obtidos no exercicio 2012, incrementarán os créditos orzamentados para cada departamento que se indican no anexo II deste documento.

Capítulo III
Outras especificidades

Artigo 33. Laboratorios docentes

Na aplicación 201300EP311V626 inclúense 800.000,00 €, que serán distribuídos pola Vicerreitoría de Economía e Planificación para financiar a dotación de laboratorios docentes.

Artigo 34. Gastos de viaxe, aloxamento e manutención do persoal de administración e servizos

A Xerencia autorizará as actividades do persoal de administración e servizos que impliquen gastos de viaxe, aloxamento e manutención.

Artigo 35. Delegación de estudantes

Os créditos asignados ás delegacións de alumnado terán como primeiro obxectivo atender os gastos derivados das súas actividades propias e dos representantes dos estudantes nos órganos de goberno da universidade.

Para que estas dotacións poidan financiar gastos de carácter inventariable, cumprirá que por parte do decano/a ou director/a e do administrador/a do centro se certifique a necesidade do investimento e se solicite da Xerencia a correspondente modificación de crédito.

Artigo 36. Normas de asignación do gasto centralizado de telefonía

Consígnase un importe de 200.000,00 € para atender os gastos de telefonía dentro da partida 20140000421S222, incluídos os consumos básicos dos departamentos. Para estes efectos, os importes límite asignados son os seguintes:

– 90 euros/ano por profesor/a a tempo completo.

– 30 euros/ano por profesor/a a tempo parcial.

– 150 euros/ano pola sede do departamento.

Estas asignacións realizaranse asimilando á primeira categoría os contratados polos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva e Parga Pondal e segundo os datos dispoñibles no primeiro día lectivo do exercicio orzamentario.

Artigo 37. Asignación en edificios compartidos

Dada a situación de compartir espazos por diferentes centros e titulacións, asígnase a xestión de edificios e instalacións, así como os gastos de subministracións (auga, luz…) do seguinte xeito:

a) Dentro do Campus de Vigo, os créditos das facultades de Química, Bioloxía e Ciencias do Mar asígnanse ao centro de traballo de Ciencias de Vigo e os do Edificio de Fundición ao centro de traballo da Escola de Enxeñaría Industrial.

b) Dentro do Campus de Ourense, os créditos para o mantemento e subministracións administrativas do Edificio Xurídico-Empresarial están consignados no orzamento de Ciencias Empresariais e Turismo, os do Edificio de Facultades e dos pavillóns 1 e 2 na Facultade de Historia, os do Edificio Politécnico na Escola Superior de Enxeñaría Informática e os do pavillón de ciencias na Facultade de Ciencias.

Artigo 38. Bolsas

1. As Vicerreitorías de Alumnado, Docencia e Calidade, de Economía e Planificación, de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, de Investigación, do Campus de Ourense e do Campus de Pontevedra poderán convocar bolsas dentro dos seus respectivos ámbitos de competencia.

Para que as devanditas vicerreitorías poidan incluír nas súas convocatorias de bolsas as solicitudes de bolseiros que fagan os centros ou departamentos, cómpre que previamente estea dotada a aplicación orzamentaria correspondente do capítulo IV deses centros de gasto.

Na tramitación e na xestión administrativa e económico-orzamentaria destas bolsas empregaranse os servizos administrativos da Universidade de Vigo, consonte os procedementos establecidos pola Xerencia.

Os beneficiarios serán alumnos das diferentes titulacións oficiais da Universidade de Vigo.

TÍTULO VIII
Do control interno

Articulo 39. Do control interno

1. O límite mínimo para o exercicio da fiscalización previa do gasto é de 12.000 € mais IVE; quedan excluídos os expedientes de gastos por unha contía inferior.

2. O reitor, por proposta da Xerencia, aprobará un plan de control interno para o exercicio 2015, que elaborará e desenvolverá o Servizo de Control Interno, o cal atenderá as seguintes premisas:

– Implantar preferentemente o control financeiro mediante auditorías e outras técnicas de revisión realizadas con posterioridade á xestión, de tal forma que esta sexa áxil, eficaz, eficiente e próxima no tempo.

– Detectar a existencia de irregularidades, deficiencias e áreas de mellora que, postas de manifesto mediante as oportunas propostas e recomendacións, incidan nos procedementos de actuación das unidades xestoras, contribuíndo a evitar a súa reiteración e promovendo a súa mellora.

Disposición adicional primeira

Apróbanse as tarifas de servizos contidas no anexo III.

Disposición adicional segunda

Autorízase o reitor, tras a aprobación dos plans de investimentos polos órganos competentes, para a realización dos trámites oportunos para concertar unha operación de empréstito dentro dos límites da normativa vixente.

Disposición adicional terceira

Autorízase a Vicerreitoría de Economía e Planificación para ditar as resolucións necesarias para modificar ou establecer novas normas de desenvolvemento do orzamento 2014. Así mesmo, a Xerencia poderá ditar as instrucións e ordes de servizo necesarias para a execución e o cumprimento destas disposicións e, especificamente, a adopción daquelas medidas precisas para a implantación do modelo de contabilidade analítica e do novo modelo de xestión económico-patrimonial.

Disposición derradeira primeira

O reitor poderá reordenar as competencias propias que figuran delegadas nas normas de desenvolvemento do presente orzamento.

Disposición derradeira segunda

As presentes normas entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2014.