Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2587

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 21 de xaneiro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria pública para a cobertura da praza de directora do Centro de Recuperación Integral de Mulleres que Sofren Violencia de Xénero.

De conformidade co establecido no artigo 27.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no artigo 13 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 3 do Decreto 1/2014, do 9 de xaneiro, polo que se regula a creación do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, convócase unha praza de directora do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero.

As bases e condicións atópanse na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade:

http://igualdade.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza