Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2557

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2014 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello do Porriño e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras do proxecto de actuacións prioritarias no saneamento do Porriño (Pontevedra), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das ditas obras.

2.500.000,00

8.10.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de San Cibrao das Viñas e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras do proxecto de mellora do saneamento e da EDAR de San Cibrao das Viñas (Ourense), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das ditas obras.

3.500.000,00

22.10.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello do Pereiro de Aguiar e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras do proxecto de mellora do saneamento do Pereiro de Aguiar (Ourense), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das ditas obras.

1.500.000,00

22.10.2013

Convenio de colaboración entre o ente público Portos de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Muros para a execución e o mantemento dunha estación de bombeo e colectores de saneamento en terreos da zona de servizo do porto de Esteiro. Muros (A Coruña).

Sen importe

14.10.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre Portos de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Noia para a execución da obra da rede de colectores xerais de Noia, 1ª fase (Noia-A Coruña).

Sen importe

29.10.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

389.089,44

13.9.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Administraçao Regional de Àguas do Norte, relativo ao proxecto de parzaría de apoio técnico á consolidación da Administração Regional de Águas do Norte (Ara-Norte), Mozambique.

142.056,40

18.9.2013

Convenio entre Augas de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense para o patrocinio da 13ª edición de Termatalia-Feira Internacional do Turismo Termal.

3.000,00

19.9.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Consorcio de Augas de Valdeorras para a xestión do servizo intermunicipal delegado de depuración de augas residuais na comarca de Valdeorras.

631.184,32

14.10.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano de Louro.

1.310.834,16

17.10.2013

Quinta addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Consorcio para a Xestión e Explotación da Rede Básica de Abastecemento aos concellos de Cervo e Burela.

195.000,00

16.10.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e os concellos de Mondariz e Ponteareas para a execución da senda fluvial dos ríos Tea e Xabriña, no concello de Mondariz (Pontevedra), de clave O.H.436.1020, e da senda fluvial no río Tea, nos concellos de Mondariz e Ponteareas (Pontevedra), de clave O.H.436.1061.

668.238,01

4.11.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Ferrol e a Empresa Mixta de Aguas de Ferrol, S.A. (Emafesa) para a xestión e explotación da presa e do encoro das Forcadas.

Sen importe

30.10.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Nigrán para a execución das obras de ampliación das redes de saneamento e abastecemento en diversas zonas do concello de Nigrán.

1.000.000,00

23.12.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación das obras consistentes na condución das augas, depuración e vertedura de Ferrol.

Sen importe

27.12.2013

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Poio para a execución das actuacións de saneamento en San Martiño e As Testadas, no concello de Poio (Pontevedra).

1.092.787,21

27.11.2013

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia, o Concello de Monforte de Lemos e a Sociedade Estatal Aguas de la Cuenca del Norte (actualmente Acuespaña) para a construción e explotación da actuación de ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos.

6.180.475,41

12.11.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Sarria e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras de adecuación do leito e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro, no termo municipal de Sarria (primeira fase), así como a entrega e formalización da encomenda de xestión para o mantemento das ditas obras.

6.700.000,00

13.12.2013