Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1920

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública sobre a legalización de edificacións e ampliación da licenza para centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil en San Cosme de Barreiros.

José Jaime Muñiz Fernández, en representación de Desguaces A Mariña, S.L.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para legalización de edificacións e ampliación da licenza para centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil, que se situará na estrada N-634, km 571, San Cosme de Barreiros. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Barreiros, 9 de xaneiro de 2014

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde