Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1921

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial con condicións do Plan parcial do sector SUD-7 A Pezoca (expediente FG nº 566).

Por Resolución desta alcaldía nº 5.176, do 5 de decembro de 2013, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial do sector SUD-7 A Pezoca, en Oleiros.

De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 9 de decembro de 2013

Ángel García Seoane
Alcalde presidente