Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2013.

A Xunta de Goberno Local do Concello do Barco de Valdeorras, en sesión ordinaria do 12 de decembro de 2013, aprobou a oferta de emprego público para o ano 2013, que é a seguinte:

Dúas prazas de funcionario de carreira pertencentes á escala básica, categoría policía, pertencentes ao grupo C, subgrupo C1, nivel de complemento de destino 17.

A selección realizarase mediante oposición. O prazo máximo para a convocatoria dos correspondentes procesos selectivos será de trinta meses contados desde a adopción deste acordo.

O Barco de Valdeorras, 20 de decembro de 2013

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde