Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de ordenación do porto de Baiona e informe de sustentabilidade ambiental.

A Xunta de Goberno desta corporación, en sesión do 26 de decembro de 2013, prestou aprobación inicial ao documento do Plan especial de ordenación do porto de Baiona e informe de sustentabilidade ambiental, polo que, consonte o disposto no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, procede a súa exposición ao público polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Baiona, 27 de decembro de 2013

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde