Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1853

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de local e actividade de taller de mecánica rápida.

Carreteiro Motor, S.L. solicitou ante esta alcaldía licenza municipal (nº rexistro entrada 4361, do 31.7.2013), para acondicionamento de local e licenza de actividade de taller de mecánica rápida (pneumáticos, aceite, aliñamento etc.) na avenida de Cangas, nº 14 (categoría 5ª. Usos garaxe-aparcamento e servizo do automóbil).

De acordo co sinalado no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que nese tempo –que comeza a contar desde o día seguinte ao da última publicación– poidan examinar o expediente no concello as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións oportunas.

Bueu, 2 de decembro de 2013

Félix Juncal Novas
Alcalde