Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 26 de decembro de 2013 pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores (infracción grave) incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (LEG), por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido practicar (expediente SANC/13/13 e tres máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas que se relacionan no anexo.

Nas ditas resolucións, ademais de impoñer sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigo 47.3 LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4 LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante. Nos supostos en que se declara a caducidade, a resolución incorpora ademais a orde de incoación dun novo expediente sancionador, logo de determinación da existencia dos requisitos exixibles.

Unha vez intentada a notificación persoal destas resolucións, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da dita norma legal, emprázanse as interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar as interesadas deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no servizo da delegación da Axencia na provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa e poden interpor recurso de alzada ante o presidente da Axencia. O prazo de interposición do dito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia da interesada, de ser o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2013

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/13/13 Ref. bis: 5/13.

Denunciada: Maderas Forxán, S.L.

Último enderezo coñecido: Aríns, 61, Poio.

Feito denunciado: corta de arborado que produciu danos en elementos da estrada.

Data, estrada, p.q.: 14.11.2012; AG-41; p.q. 15+500.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/19/13 Ref. bis: 23/13.

Denunciada: UTE Catoira.

Último enderezo coñecido: Extramuros, 2, O Carril, Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: deteriorar o firme da estrada.

Data, estrada, p.q.: 15.2.2013; PO-192; p.q. 2+100.

Resolución: arquivamento.

Expediente: SANC/32/10 Ref. bis: 599/09.

Denunciada: Promociones Colmeiro y Martínez, S.A.

Último enderezo coñecido: Carabela La Pinta, 14-4º A, Baiona.

Feito denunciado: realizar un acceso incumprindo as condicións.

Data, estrada, p.q.: 17.4.2012; PO-340; p.q. 17+600.

Resolución: caducidade e posibilidade de nova incoación.

Expediente: SANC/39/13 Ref. bis: 62/13.

Denunciada: Mª Teresa Álvarez Carpintero.

Último enderezo coñecido: Filgueira, A Aldea, nº 7, Crecente.

Feito denunciado: cerramento en dominio público.

Data, estrada, p.q.: 15.5.2013; PO-801; p.q. 10+100.

Resolución: arquivamento.