Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 9 de decembro de 2013 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión e da batea M.O. II.

Visto o expediente instruído a efectos de transmisión da batea M.O. II, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 15.11.2013, Ramona Romero Bravo, en nome e representación da comunidade de herdeiros de Abelardo Iglesias Ordóñez, solicitou autorización para transmisión da concesión da batea M.O. II.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 30 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro), modificado polo Decreto 174/2002, do 10 de maio (DOG nº 97, do 22 de maio) e a Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Ramona Romero Bravo (33075821-G) 5/10 privativas co 100 % do usufructo, e a cada un dos fillos, Abelardo, Dora Maria, Elisa, Ramón e Miguel Ángel Iglesias Romero (33228382-Y, 78782439-X, 76777060-R, 76777063-G, 52932262-Q) 1/10 privativo e núa propiedade, da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: M.O. II.

Localización:

Cuadrícula nº: 280.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde do outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Abelardo Iglesias Ordóñez e Ramona Romero Bravo (33076242-B, 33075821-G) gananciais.

Novos titulares: Ramona Romero Bravo (33075821-G) 5/10 privativas con 100 % do usufruto, Abelardo, Dora María, Elisa, Ramón e Miguel Ángel Iglesias Romero (33228382-Y, 78782439-X, 76777060-R, 76777063-G, 52932262-Q) 1/10 privativos e núa propiedade.

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 9 de decembro de 2013

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar