Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013374AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 18 de novembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013374AL-CO, incoado a Fernando Cruz García.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Fernando Cruz García o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 10 de decembro de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013374AL-CO.

Interesado: Fernando Cruz García.

DNI/NIF/CIF: 76406951P.

Último enderezo coñecido: lugar da Ponte, 37, 15405 Ferrol.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos (BOE nº 57, do 8 de marzo). Artigo 2.1.a), b) (1º. 2º. 3.º), c) (1º. 2º. 3º). Artigo 6.1.

– Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión, do 28 de xaneiro. Artigo 18. (1.2.3).

– Regulamento de execución (UE) 931/2011, do 19 de setembro, produto alimentario. Artigo 3.1.c), e), 2, 3.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo). Artigo 50.1.a), d). Artigo 51.1. Artigo 52.1.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 600 €.