Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1854

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre instalación de anexo a proxecto de construción de nave de ceba de xatos, esterqueira e almacén, e construción de almacén en Sabenche (Barbadelo).

Caxigueiro, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de anexo a proxecto de construción de nave de ceba de xatos, esterqueira e almacén, e construción de almacén de 91,12 m2, en Sabenche (Barbadelo) polígono 29, parcelas 390 e 383, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co obxecto de que durante este poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, e poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 17 de decembro de 2013

José Antonio García López
Alcalde