Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (525/2012).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 525/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara María Gaciño Nimo e María Montserrat Quintáns García contra a empresa Andaina Servizos Sociais, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 11 de decembro de 2013.

Vanesa Gestal Queijas, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos, promovidos antes este xulgado, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Sara María Gaciño Nimo e Mª Montserrat Quintáns García, asistidas polo letrado Miguel Mouche Ferreira contra Andaina Servizos Sociais, S.L., que non comparece (citada por edictos), e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza,

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda interposta por Sara Mª Gaciño Nimo e Mª Montserrat Quintáns García contra Andaina Servizos Sociais, S.L. e condeno a empresa a aboar a Sara a suma de 2.249,68 euros e a Mª Montserrat a suma de 6.848,48 euros, máis os xuros moratorios do artigo 29.3 do ET.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndoos saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Andaina Servizos Sociais, S.L. e para a súa publicación no DOG, expido o presente.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial