Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (571/2012).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 571/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de las Mercedes Franjo Cid contra a empresa Andaina Servizos Sociais, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza nº 317, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Vanesa Gestal Queijas, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos, promovidos ante este xulgado, sobre reclamación de cantidade, por instancia Mª de las Mercedes Franjo Cid, asistida pola letrada María Elisa Millán Miranda contra Andaina Servizos Sociais, S.L., que non comparece (citada por edictos), e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta por Mª de las Mercedes Franjo Cid contra Andaina Servizos Sociais, S.L. e condeno a empresa a aboar a suma de 3.138,48 euros máis os xuros moratorios do artigo 29.3 do ET.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A xuíza substituta».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Andaina Servizos Sociais, S.L. e a súa publicación no DOG, expido o presente.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial