Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1814

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (599/2012).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 599/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rial Ares contra a empresa Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza nº 318, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 599/2012, promovidos ante este xulgado do social, sobre despedimento, por instancia de María Rial Ares, asistida pola letrada Ángeles Cancela Regueiro contra Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., asistidas e representadas polo letrado Manuel López Núñez, Hipescar, S.L., asistida e representada polo letrado Juan Carlos Méndez Lorenzo, Comercial Pontecela, S.L., que non comparece, administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., administradora concursal de Refojo y González, S.L., que non comparecen, e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por María Rial Ares e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 18 de xuño de 2012 e condeno solidariamente a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L. a optar entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir a razón de 39,73 euros día ou a extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 37.653,06 euros.

A opción do empresario deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución de conformidade co artigo 23.6 inciso primeiro LRXS. Condeno a Administración concursal a estar e pasar por esta resolución na devandita condición.

Absolvo a Comercial Pontecela, S.A.

Teño a parte demandante por desistida da petición de nulidade do despedimento.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Comercial Pontecela, S.L., e a súa publicación no DOG, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial