Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifican as resolucións recaídas nos recursos de reposición interpostos por Fernando Rodríguez Espasandín e Laura Rodríguez Espasandín.

O 16 de decembro de 2013 o director xeral da Función Pública ditou resolucións no que atinxe aos recursos de reposición formulados por Fernando Rodríguez Espasandín e Laura Rodríguez Espasandín contra a Resolución do 31 de outubro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31 de outubro de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

Logo de tentar, dúas veces, as notificacións das citadas resolucións a través do servizo de Correos nos domicilios indicados polas persoas interesadas para os efectos de notificacións, estas non se puideron practicar e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Fernando Rodríguez Espasandín e Laura Rodríguez Espasandín as resolucións antes referidas.

As persoas interesadas poden recoller as respectivas resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra as presentes resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que as persoas interesadas comparezan, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8.2 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública