Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 3/2013, interposto pola Asociación de Veterinarios Interinos da Xunta de Galicia polo Decreto 37/2006.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 3/2013, interposto pola Asociación de Veterinarios Interinos da Xunta de Galicia polo Decreto 37/2006, contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de novembro de 2012, pola que se aproba a modificación da relación de postos de traballo das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Sanidade con respecto aos servizos veterinarios.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública