Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade á tramitación mediante procedemento anticipado de gasto da encomenda para realización das obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia, por parte da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (tema prioritario 3.44).

1. Denominación da encomenda. Obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Tema prioritario 3.44. Xestión dos residuos domésticos e industriais.

2. Obxecto. No marco desta encomenda levaranse a cabo actuacións de recollida, clasificación, retirada de residuos a xestor autorizado, perfilado e acondicionamento de inertes e revexetación nun mínimo de 100 puntos de vertedura incontrolada, situados en toda a Comunidade Autónoma galega.

3. Natureza e alcance da encomenda. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio instrumental da Administración nos termos establecidos nos artigos 9.1.b), 10 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

4. Prazo de vixencia. O período de execución comezará o 2 de xaneiro de 2014. Está previsto un prazo de execución de 6 meses.

5. Tipo de tramitación do expediente. Anticipado de gasto. Dado que a execución se prevé exclusivamente en anualidades posteriores ao presente exercicio (ano 2014), a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da execución das obras, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun máximo dun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e encádrase no tema prioritario 3.44. (Xestión dos residuos domésticos e industriais).

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas