Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013231AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 20 de novembro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2013231AL-CO incoado a Laureano Robles y Yolanda Beatriz, S.C.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Laureano Robles y Yolanda Beatriz, S.C. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013231AL-CO.

Interesada: Laureano Robles y Yolanda Beatriz, S.C. (Restaurante Los Robles).

DNI/NIF/CIF: J15736754.

Último enderezo coñecido: travesía de Arteixo, 3, 15142 Arteixo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo infrinxido: Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 de agosto de 2007): anexo II. Capítulo I. 1.10. Capítulo V. 1. a) b) c) d) 2. Capítulo VI. 1. 4. 2. Capítulo IX. 2. 3. 4. Capítulo XII. 1) 2). Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo): artigo 6.1, artigo 50.1.d) e) artigo 51.1 e artigo 52.1.a) do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001): artigo 3.1.3 artigo 10.1.2.a) b) c) d) e) f) g) 3 e artigo 11.1.2.a) b) c) 3. Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOL nº 31, do 1 de febreiro de 2002), artigo 18.2.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 600 €.