Con data do 20 de novembro de 2013, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013288TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Enrique Villar Carlo.
Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Enrique Villar Carlo o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 18 de decembro de 2013
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2013288TA-CO.
Interesado: Enrique Villar Carlo (Cervecería Internacional).
DNI/NIF/CIF: 33253422E.
Último enderezo coñecido: Centro Comercial As Cancelas, planta 2ª, avda. Camiño Francés, 3, 15703 Santiago de Compostela. Avda. da Mahía, 11, dúplex 10, Bertamiráns, 15864 Ames.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro). Artigo 4.d) , artigo 19.1.3.q), artigo 20.1. Resolución do 20 de setembro 2006, do Comisionado para o Mercado de Tabacos (BOE núm. 230, do 26 de setembro): primeiro 1. 2. Segundo. Terceiro. Cuarto.
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: 601 €.