Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axuda ao programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as, regulada na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR347D 2009/38-2 e TR347D 2009/136-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 19 de decembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2009/38-2.

Nome: Domotec Lugo, C.B.

DNI/NIF: E27348010.

Último enderezo coñecido: r/ Pintor Villamil, 28, baixo, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, número 1, do anexo D, da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2009/136-2.

Nome: Humberto Américo Covarrubia.

DNI/NIF: X8348785S.

Último enderezo coñecido: r/ Bidueiro, 19, 1º F, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, número 1, do anexo D da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.